Cuarto de María Miramontes

Dispón de cama grande para uso dobre ou individual. A habitación está orientada ao leste.

Cama de 1,5 x 2 m. con lenzaría de 200 fíos de algodón 100%. Calefacción, televisor e cuarto de baño privado con ducha e secador de pelo. Os produtos de acollida son de produción ecolóxica.

 

Tarifa estándar* con reserva directa (2 pax): 69-99 euros

A tarifa inclúe aparcadoiro, almozo-bufete, opción de bicicleta e o 10% de IVE.

* A tarifa estándar pode verse reducida ou aumentada por estar suxeita a promocións, descontos ou tarifas especiais para eventos de interese extraordinario.O uso individual dos cuarto supón unha redución dun 25% na tarifa vixente.

 

 
María Miramontes. 1895-1964

María de los Dolores Miramontes Matos naceu en Santa María de Guísamo (Bergondo- A Coruña) o 6 de abril do ano 1895. Os seus pais, Vicente e Antonia, xornaleiros, van vivir á Coruña a comezos do século XX. Nesta cidade, María comeza a traballar con 11 anos nun obradoiro de costura, onde aprendizaxe e labor van xuntos e onde comeza a súa formación como modista. Na Coruña destes anos teñen lugar as grandes folgas de consumos, protagonizadas polas mulleres (1886-1901-1903). Esta cidade tamén ten unha fonda tradición republicana que se evidencia na súa vida cultural e no seu comportamento político; asemade, na Coruña xermola o pensamento nacionalista e galeguista en lugares como a Cova Céltiga. María Miramontes, moza esperta, intelixente e aberta, edúcase en todo este mundo e así frecuenta os núcleos republicanos na compañía de Elvira Bao, Pilar Castro, Amparo López Jean e, moi nova aínda, milita nas Irmandades da Fala, entidade que vai chegar a ter máis de 200 socias. María estará na súa Xunta Directiva. Seguramente, nestes ambientes republicanos, progresistas e galeguistas coñece ao home co que vai compartir vida, pensamento, ilusión, esperanza, amor e militancia; mais tamén sufrimento e morte: Ánxel Casal.
Autora da biobibliografía: Encarna Otero Cepeda (2006, 2019).

Fonte: Fonte: Álbum de Mulleres Galegas do Consello da Cultura Galega. http://culturagalega.gal/album/