Lugar das Marías

Cabeceira FB-lugar das marias
Lugar das Marías naceu coa vontade de contribuir na visibilización da historia das mulleres en xeral e das mulleres galegas en particular. Precursoras que, dalgún xeito, fixeron posible mudar os finais de tantas historias no mundo das artes, das letras, da ciencia…e por suposto, na vida cotiá de todas nosoutras. O nome da hospedaxe fai honra ás marías galegas. Quen non conta con varias marías no grupo de amigas, na familia ou no recordo do que foron as nosas vidas ata o momento?
maria-mayo-web

Maruja Mallo

Naceu en Viveiro e residiu en distintas provincias até se instalar en Madrid. Alí ingresa na Academia de Belas Artes e relaciónase con poetas e artistas (algúns conformarían a Xeración do 27). Dalí e Concha Méndez introdúcena na Residencia de Estudiantes, onde coñece a Lorca, Buñuel e Alberti, co que mantén unha relación amorosa. Concha Méndez e Maruja pasearon por Madrid como mulleres modernas e emancipadas, manexando bicicletas, asistindo aos cafés, a eventos literarios ou a verbenas populares. Maruja crea a súa propia linguaxe artística, combinando as vangardas, a arte popular e a súa particular interpretación.

María Miramontes

Maria Miramontes naceu en Santa Maria de Guisamo (Bergondo- A Coruna) o 6 de abril de 1895. A comezos do seculo XX mudase a Coruna, onde comeza a traballar nun obradoiro de costura. Nesta cidade tenen lugar as grandes folgas de consumos, protagonizadas polas mulleres. Ali xermola o seu pensamento republicano, nacionalista e galeguista. Milita nas Irmandades da Fala e forma parte da Xunta Directiva. Probablemente nestes ambientes coñece a Anxel Casal, con quen vai compartir vida, pensamento, amor e militancia, mais tamen sufrimento e morte.

maria-miramontes-web
maria-casares-web

María Casares

A actriz María Casares experimentou plenamente o signifcado da palabra adaptación. A novas realidades. A novas xentes. A novos espazos. Con catorce anos, chegou a Francia fuxindo do golpe de 1936, pois seu pai formaba parte do goberno de Manuel Azaña na República. Aquela nena, nacida un 21 de novembro de 1922 na Coruña, instalouse xunto a súa nai, en París. María Casares pasaba a ser Maria Casarès e durante un tempo soterrou toda a bagaxe cultural e vital que podía constituír un atranco no seu proceso de reinvención.

Maruxa e Coralia

Eran trece os fllos e fllas que tiveron Arturo Fandiño e Consuelo Ricart. El, zapateiro; ela, costureira e bordadora, profesión que van aprender as súas fllas. Xente traballadora e humilde e, porén, digna e leda de conseguir comer coa suor da súa fronte. Velaí a orixe e a identidade das mulleres máis retratadas de Compostela: Maruxa e Coralia, “as dúas en punto”, “as dúas Marías”, foco de luz, cor e ledicia na Compostela gris e triste do franquismo.

asmarias-web
avoa-presenta

Avoa Presenta

Naceu no 1908 na Penacurva-A Rigueira e foi o piar dunha gran familia que se asentou no Lugar de Veiga, na que todos coñecían como a casa de Presenta. Pariu dúas fillas e cinco fillos; dos dous máis novos presenciou a morte e do maior a emigración a Arxentina. Viviu case un século de historias, alegrías e moita tristura que tinguiría,
desde a viuvez, o seu roupeiro de negro para sempre.