Lugar das Marías

Cabeceira FB-lugar das marias

Festas e acontecementos locais

  • Festa Gastronómica do Lacón: organizada pola Asociación Saiñas, no mes de febreiro.
  • San Isidoro de Monte: primeira semana de abril.
  • Festa Gastronómica do Polbo: organizada polos hostaleiros durante a Semana Santa.
  • Feira cabalar de Lago: organizada pola Asociación A Medela o terceiro domingo de maio. Actividades de todo tipo relacionadas co mundo do cabalo.
  • Festa das fillas de María, Os Maios: organizada pola ACIAM de Xove, a finais de maio.
  • Festa de San Antonio e Virxe do Carmen en Morás: finais de maio.
  • Romaría a San Antonio da Rigueira: 13 de xuño.
  • Festa de San Antonio e Virxe do Carme en Lago: primera quincena de xullo. Celébrase unha importante sardiñada.
  • Foliada Popular: na segunda quincena de xullo, organizada por la Asociación cultural Saíñas.
  • Festa de San Antonio de Sumoas: primeira semana de agosto, celébrase unha importante sardiñada.
  • Festa do Percebe: organizada pola Asociación de Festexos A Medorra no mes de agosto.
  • Festa de San Pedro Fiz na parroquia de Xuances: primeira quincena de agosto.
  • Feira de gando vacún e cabalar de San Bartolo na parroquia de Monte: 24 de agosto, organizada pola Asociación de montes Laxamoura e na que se desenvolven todo tipo de actividades relacionadas con gando.
  • Festa de San Bartolo do Carme en Xove: segunda quincena de agosto.
  • Festa de Nosa Señora na parroquia de Portocelo: segunda semana de setembro.
  • Festa do Ramo no Cruceiro (Xuances): primeira semana de outubro. Inclúe unha festa gastronómica dedicada aos callos.