Servizos que podemos ofrecerche
Almorzo
Bicicletas
Guías
As nosas habitacións
Ben sexa unha viaxe de lecer, por traballo, para visitar a familia, para desconectar das rutinas, para coñecernos, para descubrir ou descubrirte, para perderte… escoller Lugar das Marías*** sempre é un acerto. Un aloxamento diferente, onde coidamos os detalles para que a estancia permaneza no teu recordo.
Nos nosos cuartos a lenzaría é de 200 fíos de algodón 100%. Todos contan con calefacción, televisor e cuarto de baño privado con ducha e secador de pelo. Os produtos de acollida son de produción ecolóxica.
A tarifa inclúe aparcadoiro, almozo-bufete, opción de bicicleta e o 10% de IVE
Cuarto de Maruja Mallo
Dispón de cama grande para uso dobre ou individual. A habitación está orientada ao oeste. Desde 69 €
entrarCuarto de María Miramontes
Dispón de cama grande para uso dobre ou individual. A habitación está orientada ao leste. Desde 69 €
entrarCuarto de María Casares
Dispón de cama grande para uso dobre ou individual. A habitación está orientada ao oeste/norte. Desde 79 €
entrarCuarto de Maruxa e Coralia
Dispón de dúas camas. A habitación está orientada ao norte. Desde 79 €
entrarA casiña da Avoa Presenta
Rehabilitamos a casa centenaria da Avoa Presenta para ti e para quen veña contigo e ademais contámosche moitas historias de mulleres, das precursoras que noutro século deixaron pegada, tamén na aldea.
A casiña da Avoa Presenta
Un apartamento estudio con cociña completa e estufa de leña, está orientada ao norte. Desde 99 €
entrarDescubre lugares preto da nosa contorna
Un punto de encontro no Lugar das Marías
Merendas
Os sábados e domingos organizamos almorzos, merendas… e que ven, repite! Se queredes vir, chamádenos para tervos todo preparado: 646003343
Benvida
Benvidas e benvidos a Lugar das Marías. Agardamos que a viaxe por este espazo vos traslade a necesidade de visitarnos na Mariña, lugar máxico e único. Este proxecto leva anos sendo un soño que, por fin, se viu cumprido. Ademais de servir como equipamento hoteleiro Lugar das Marías naceu coa vontade de contribuir na visibilización ... <a title="Benvida" class="read-more" href="https://lugardasmarias.com/archivos/51" aria-label="Máis en Benvida">Ler máis</a>
Recomendacións sanitarias
Recomendacións sanitarias para disfrutar con traquilidade da nosa casa!
Aldea viva
Estreamos un espazo onde a natureza e o benestar son as protagonistas principais. Para que desfrutar dun espazo amplo e coidado con mimo. Apostamos por unha aldea viva onde conviva o respecto polo contorno co goce das e dos visitantes, por iso non sabedes canta ledicia nos produce que veñades camiñando ata Veiga, desde Xove, ... <a title="Aldea viva" class="read-more" href="https://lugardasmarias.com/archivos/555" aria-label="Máis en Aldea viva">Ler máis</a>
Contacto e reservas
Se queres poñerte en contacto ou reservar una habitación cubre o formulario de reserva.
A reserva non se fará efectiva ata que non recibas a confirmación.
Contacto:
Veiga, 15.
A Rigueira-Xove. 27870 Lugo
Tel: +34 646 003 343
Mail: info@lugardasmarias.com